RGPD - Cookies

Ferrín deixa a Academia

Nun comunicado enviado polo secretario da institución, Xosé Luís Axeitos, Xosé Luis Ferrín explica as razóns da sú dimisión. Agradece aos membros da executiva a “desinteresada entrega” en especial do secretario, e engade que “outros académicos e académicas, unidos a persoas externas, fixéronme sentir que eu non teño sitio na Academia. Beizón tamén a estes e estas porque os seus esforzos, finalmente coroados por un éxito completo, tiveron a virtude de me facer ver a tempo onde debo estar e onde non debo estar nos poucos días que me resten de vida”.

O malestar na institución foi a máis nos últimos tempos, incrementado polas noticias arredor de contratacións de familiares na institución, en concreto, a filla e o compañeiro do presidente máis o fillo do secretario, Xosé Luís Axeitos que leva dez anos na directiva da Academia Galega.

Ferrín non deixa só de ser presidente da RAG senón tamén o seu posto de membro numerario, decisión esta singular na historia da institución que, segundo salientan varios medios, non tiña antecedentes dende que Jenaro Marinhas del Valle deixou de ser académico manifestando o desacordo co xeino no que a institución tratara a Ricardo Carvalho Calero.

 

También te puede interesar