Vigo al minuto

A Asemblea de Estudantes denuncia a prohibición do Santa Irene para celebrar un debate no instituto

A Asemblea de Estudantes de Vigo, ven de denunciar a prohibición da celebración dunha charla-debate sobre o movemento estudantil no IES Santa Irene. Segundo indican, “para este acto, contactamos, do mesmo xeito que en edicións anteriores, coa dirección do centro”, sen embargo, desta volta recibiron unha negativa xa que, “según o director, o Delegado de Educación emitira unha queixa polo deseño do cartazanterior dun evento conxunto coa Asemblea Universitaria de Vigo sobre a LOMCE”, no que aparecía un antidisturbios franquista cargando contra un manifestante. Por este motivo, indica a Asemblea, “tachóusenos de alborotadores”.

Os responsables desta asociación consideran que trátase dunha decisión “puramente política para intentar frear este movemento que cada día convoca a máis estudantes de instituto a manifestacións en que reclaman pacífcamente os seus dereitos”. Ademáis, reclaman un espazo no que poidan desenvolver os seus actos, “sen que se nos prohiba o noso libre exercicio de asociación”.

 

También te puede interesar