RGPD - Cookies
Comarcas

Tui recupera, dende o día 3 de marzo, o seu mercado de inverno

O Concello de Tui convoca un mercado de produtos de inverno, recuperando un vello nome tudense como é o de “Mercado da Verdura” a celebrar na mañá do domingo 3 de marzo nas Prazas da Misericordia e San Telmo entre as as 11 da maña e as 2 da tarde.

Poden participar todas as persoas interesadas na venda e exhibición de produtos propios da tempada de inverno, entendido nun sentido amplo que abrangue os produtos de horta, produtos alimenticios de elaboración artesanal, coma queixos, chourizos, viños, incluso animais domésticos, coma galiñas, coellos, ou oficios artesanais relacionados.

A inscrición é gratuíta e compre realizala antes do 28 de febreiro de 2013. As bases e a folla de inscrición poden consultarse na páxina web do Concello de Tui: www.concellotui.org.

Esta iniciativa da Concellería do Conxunto Histórico do Concello de Tui aposta pola continuidade dos eventos celebrados nos últimos meses do pasado ano, como foron a festa da Praza do Pracer e o mercado navideño, completando agora a programación con esta iniciativa de mercadiños de tempada onde se podan vender os produtos hortofrutícolas propios de cada época do ano.

 

También te puede interesar