Vigo al minuto

O BNG critica que Vigo non teña un plan global para a súa zona costeira

Os responsables do BNG durante o encontro cos veciños da zona

A portavoz municipal do BNG, Iolanda Veloso, defendeu este mércores a necesidade de poñer en marcha un proxecto de rexeneración da zona costeira de Alcabre.

Tras unha visita á zona con representantes da directiva da Asociación Veciñal, Veloso indicou que a moción que o PSOE vigués presentará no vindeiro pleno, «non ten sentido pedir que se arranxe Samil e deixar abandoada esta zona privilexiada de Vigo».

O BNG fíxose eco das demandas da veciñanza de Alcabre e instou ao Goberno local a completar a rexeneración da zona costeira desta parroquia, despois de que se executara o derrubo dunha casa abandoada.  Sinalou que tras esta actuación «parte do parque quedou estragado pola escavadora que empregaron e eliminaron o camiño que unía as dúas praias».

Segundo denunciaron os nacionalistas, neste espazo de Alcabre prodúcese un corte na posibilidade de paseo marítimo «porque entre Bouzas e Samil non hai continuidade», polo que demandaron a reconstrución do paseo entre as praias de Santa Baia e Carril.

«Queremos chamar a atención do goberno local para que non só vaia visitar as humanizacións do centro, senón que tamén visite as zonas que precisan melloras», sinalou Veloso, para quen, dixo, este espazo está abandoado «porque non hai un proxecto global para toda a zona costeira da cidade».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.