Galicia

40 feridos e un morto nas estradas galegas esta fin de semana

O 061 asistiu durante a fin de semana un total de 40 persoas debido a 35 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, día 15, e a medianoite deste luns. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o sábado con 18 accidentes.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 45 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 35 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 40 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 57 e 43%, respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 55% dos atendidos tiña entre os 25 e os 39 anos. Por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 15 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Así, a ambulancia medicalizada acudiu a tres sinistros, o helicóptero medicalizado asistiu en dúas ocasións, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 34 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en tres ocasións.

En 32 casos os feridos foron trasladados aos centros hospitalarios correspondentes, sete foron atendidos no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e unha persoa faleceu no lugar do sinistro.

 

También te puede interesar