Comarcas

O Concello de Tomiño comeza a súa rolda de xuntanzas veciñais

Segundo avanzan fontes municipais de Tomiño, este luns comeza a a rolda de xuntanzas veciñais no marco da campaña O Concello Escoita.

Cos encontros preténdese coñecer as necesidades e propostas dos cidadáns e trátase dunha actividade xa consolidada nos últimos anos por actual Gobierno local do BNG.

A iniciativa pretende, ademais de informar sobre os orzamentos e os proxectos contemplados para o presente ano no Concello de Tomiño, escoitar as necesidades de cada parroquia, da boca dos propios veciñ@s, e tomar nota das propostas que queiran facer.

A primeira das reunións será xa este luns en Vilameán,  a segunda en Piñeiro, o martes día 19 e a terceira en Pinzás, o xoves 21. Todas as xuntanzas terán lugar ás 20:30 horas, nos centros culturais das parroquias.

También te puede interesar