Galicia

A CIG proporá impugnar o acordo do ERE de Novagalicia Banco

Interior da sede central de Novagalicia Banco en Vigo

Dende a CIG cualifican de “terríbel” o acordo acadado entre a dirección de Novagalicia Banco e CCOO, UGT e Csica sobre o Expediente de Regulación de Empleo (ERE) que afectará a 1850 empregad@s porque foi negociado sen contar co resto dos sindicatos e porque non se buscaron alternativas para o persoal e as oficinas e algúns aspectos responden a intereses persoais. Por iso, este luns o sindicato nacionalista proporá na súa asamblea cos traballadores que o impugnen.

O secretario nacional da CIG-Banca, Clodomiro Montero, sostén que NGB é unha empresa viábel, pero alerta de que os recortes propostos poñen en perigo as súa superviviencia. “Moito nos tememos que sexa para reducir o seu tamaño e adaptala ao capital que estarían dispostos a achegar os fondos de inversión especulativos para facerse con ela”, sinala.

A CIG agarda que os traballadores amosen a súa disconformidade co acordo na asemblea para poder ir á súa impugnación “porque a representatividade que esgrimen os sindicatos asinantes é ficticia xa que non houbo eleccións sindicais dende a fusión”.

Montero lembra que un ERE que afecta a máis do 80% do cadro de persoal ten que ser consultado cos traballadores.

Pola súa parte, os sindicatos asinantes do acordo, CCOO, UGT y Csica explican que o mesmo implica mellorar nas condicións dos traballadores que abandonen a entidade, coas prexubilacións e unha reducción de despedementosdo 34,38%.

También te puede interesar