Galicia

A CIG proporá impugnar o acordo do ERE de Novagalicia Banco

Interior da sede central de Novagalicia Banco en Vigo

Dende a CIG cualifican de «terríbel» o acordo acadado entre a dirección de Novagalicia Banco e CCOO, UGT e Csica sobre o Expediente de Regulación de Empleo (ERE) que afectará a 1850 empregad@s porque foi negociado sen contar co resto dos sindicatos e porque non se buscaron alternativas para o persoal e as oficinas e algúns aspectos responden a intereses persoais. Por iso, este luns o sindicato nacionalista proporá na súa asamblea cos traballadores que o impugnen.

O secretario nacional da CIG-Banca, Clodomiro Montero, sostén que NGB é unha empresa viábel, pero alerta de que os recortes propostos poñen en perigo as súa superviviencia. «Moito nos tememos que sexa para reducir o seu tamaño e adaptala ao capital que estarían dispostos a achegar os fondos de inversión especulativos para facerse con ela», sinala.

A CIG agarda que os traballadores amosen a súa disconformidade co acordo na asemblea para poder ir á súa impugnación «porque a representatividade que esgrimen os sindicatos asinantes é ficticia xa que non houbo eleccións sindicais dende a fusión».

Montero lembra que un ERE que afecta a máis do 80% do cadro de persoal ten que ser consultado cos traballadores.

Pola súa parte, os sindicatos asinantes do acordo, CCOO, UGT y Csica explican que o mesmo implica mellorar nas condicións dos traballadores que abandonen a entidade, coas prexubilacións e unha reducción de despedementosdo 34,38%.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.