Vigo al minuto

Os traballadores de Povisa sairán á rúa este domingo para denunciar a precariedade laboral

Traballadores de Povisa diante do Concello

O comité de empresa do hospital Povisa de Vigo ten convocada unha manifestación este domingo, día 17, para denunciar a pecarización laboral e a perda de calidade asistencial. Este xoves continuaron as protestas arredor do centro médico mentres a dirección segue sen querer retomar as negociacións do convenio colectivo.

A marcha deste domingo día 17 partirá do cruce das rúas Vía Norte con Urzaiz ás 12.00 horas para denunciar que a empresa continúa a precarizar as condicións laborais do persoal, o que repercute moi negativamente sobre a calidade da asistencia que se lle presta a usuarios e pacientes.

Por outra banda, este xoves continuaron as protestas que cada semana desenvolve un grupo de traballadores arredor do centro médico. Previamente, celebraron unha asemblea na que analizaron a concentración celebrada esta semana diante do Parlamento, ademais de da conta sobre a solicitude da Inspección de Traballo a Povisa da documentación sobre as reducións de xornada co obxecto de sancionala por tomar a decisión de xeito unilateral.

Momento da protesta levada a cabo esta mañá

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.