RGPD - Cookies
Cultura

A maxia espectacular de Kiko Pastur, este venres no ‘Café de Catro a Catro’

Os amantes da maxia, teñen unha cita ineludible, este venres, día 15, ás 10 e ás 12 da noite (3 €) no ‘Café de Catro a Catro’, na rúa Xerona. Dende A Coruña chega o mago Kiko Pastur, un artista que, segundo os nosos amigos de ‘Catro a Catro’ “vaivos deixar coa boca aberta”.

Aqueles de vos que sexades uns seguidores da maxia con cartas, atoparedes en Kiko Pastur un excelente ‘cartomago’, premiado, ademáis, no Campionato Mundial de Maxia FISM 2006, pero o seu ‘campo de acción’ vai máis alá: Pastur é o que se coñece coma un ‘mago de preto’ que, ás cartas engade aros ou moedas.

También te puede interesar