Comarcas

Aberto o prazo de inscrición en Mos para os cursos de novas tecnoloxías

Segundo informou hoxe a concelleira de Educación e Participación Cidadá do Concello de Mos, Kely Monzón, xa está aberto o prazo para os cursos dirixidos a mellorar as competencias formativas da Xuventude maior de 16 anos, preferentemente empadroados en Mos.

Trátase de tres cursos relacionados coas novas tecnoloxías e titulados Redes Sociais, PowerPoint e Sácalle partido ao Micrososoft Outlook.

A concellería de Participación Cidadá propón levar a cabo un taller de 15 horas sobre Redes Sociais (Facebook, Twitter e Linkedin), PowerPoint e como sacarlle partido ao Microsoft Outlook, dirxido aos mosenses maiores de 16 anos para que poidan perfeccionar o uso das novas tecnoloxías. Estes cursos levaranse a cabo no CDL, Centro de Desenvolvemento Local de Mos.

Os obxectivos desta iniciativa pasan por iniciar aos mosenses no aprendizaxe das Redes Sociais informando dos riscos e vantaxes que ofrece o uso destas ferramentas, promover novas posibilidades de formación e promoción laborais a través do manexo das novas tecnoloxías e coñecer as ferramentas que se poden utilizar e que estratexias temos que seguir para obter uns resultados positivos.

O prazo de inscrición segue aberto e rematará o vindeiro 26 de febreiro. As prazas serán adxudicadas por orde de entrada da solicitude no Rexistro do Concello. A publicación da lista de admitidos será o 27 de febreiro. A data de inicio dos cursos será o día 12 de marzo.

As accións formativas desenvolveranse os martes e xoves a partir do 12 de marzo en horario de 19.00 horas a 21:30 horas, e ata o día 4 de abril.

También te puede interesar