RGPD - Cookies
Comarcas

Mos terá 3 desfibriladores nas súas instalacións deportivas

Segundo informou hoxe o Concello de Mos, na xunta de goberno da Deputación de Pontevedra, acordouse a adquisición de desfibriladores para aqueles consistorios que o solicitaron, cunha subvención do 50% do custe total dos mesmos.

Deste feito, Mos solicitou 3 desfibriladores, os cales foron concedidos por parte da Deputación. O modelo de desfibrilador que será instalado é, tal e como sinalou o edil de Deportes, Isidoro Táboas, o establecido polo Real Decreto 99/2005-21 de abril que regula o uso de desfibriladores semiautomáticos externos por persoal non sanitario.

Para abordar esta cuestión os concelleiros Táboas e Camilo Augusto, reuníronse esta mañá no Pavillón Óscar Pereiro co coordinador de Deportes do Concello de Mos e os presidentes da Unión Deportiva Mos e o Club Louro Tameiga, equipos de fútbol que ocupan as instalacións do Campo de Fútbol das Baloutas e o Campo de Fútbol de Cototorrón, respectivamente.

O motivo da reunión foi darlles conta ó técnico municipal e ás directivas de ambos clubes de que as instalacións do Pavillón Óscar Pereiro, o Campo de Fútbol de Cototorrón e o das Baloutas serán as que acollan cada un dos tres desfibriladores, por tratarse das infraestruturas deportivas municipais máis concorridas e con maior afluencia de usuarios.

E é que nunha semana un total de 1.300 usuarios pasan polas instalacións do Pavillón Óscar Pereiro, e tan só entre as categorías infantís do Club Louro Tameiga e a Unión Deportiva Mos suman 400 nenos que xogan o fútbol en ambos campos.

Ademais da instalación dos aparatos, o Concello de Mos formará técnicamente a unha persoa por cada desfibrilador, para que esta se instrúa no procedemento de uso correcto do mesmo.

También te puede interesar