Vigo al minuto

Unha delegación do Parlamento Europeo visitará Galicia para comprobar a contaminación das rías

Unha delegación do Parlamento Europeo, composta por oito eurodeputados, Francisco Millán Mon e Carlos Iturgaiz (PP), Antolín Sánchez Presedo (PSOE), Ana Miranda (BNG) e Willy Meyer (IU), así como polo conservador francés Philippe Boulland, a liberal austriaca Angelika Werthmann e a letoa verde Tatjana Zdanoka.  visitará Galicia a vindeira semana ao obxecto de comprobar o nivel de contaminación das rías de Ferrol, O Burgo, en A Coruña e Vigo.

A delegación chega logo de recibir ata 11 denuncias de distintos colectivos galegos polos “altos niveis de contaminación” da auga en diversas zonas de costa, incluídas “varias rías de notable biodiversidade e un espazo protexido pola directiva Natura 2000”.

Tres das denuncias recibidas sobre dúas das principais áreas xeográficas afectadas, a Ría de Vigo e a ría de O Burgo, correspóndense con “procedementos de infracción en curso por parte da Comisión Europea”.

Entre as asociacións e colectivos que presentaron estas denuncias figuran a Plataforma Pola Defensa da Ría de Vigo, a Plataforma en Defensa da Enseada de San Simón, as confrarías de Pescadores e Mariscadores de Ferrol, Barallobre e A Coruña, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol e Esquerda Unida, entre outros.

 

También te puede interesar