Vigo al minuto

Unha delegación do Parlamento Europeo visitará Galicia para comprobar a contaminación das rías

Unha delegación do Parlamento Europeo, composta por oito eurodeputados, Francisco Millán Mon e Carlos Iturgaiz (PP), Antolín Sánchez Presedo (PSOE), Ana Miranda (BNG) e Willy Meyer (IU), así como polo conservador francés Philippe Boulland, a liberal austriaca Angelika Werthmann e a letoa verde Tatjana Zdanoka.  visitará Galicia a vindeira semana ao obxecto de comprobar o nivel de contaminación das rías de Ferrol, O Burgo, en A Coruña e Vigo.

A delegación chega logo de recibir ata 11 denuncias de distintos colectivos galegos polos «altos niveis de contaminación» da auga en diversas zonas de costa, incluídas «varias rías de notable biodiversidade e un espazo protexido pola directiva Natura 2000».

Tres das denuncias recibidas sobre dúas das principais áreas xeográficas afectadas, a Ría de Vigo e a ría de O Burgo, correspóndense con «procedementos de infracción en curso por parte da Comisión Europea».

Entre as asociacións e colectivos que presentaron estas denuncias figuran a Plataforma Pola Defensa da Ría de Vigo, a Plataforma en Defensa da Enseada de San Simón, as confrarías de Pescadores e Mariscadores de Ferrol, Barallobre e A Coruña, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol e Esquerda Unida, entre outros.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.