Galicia

O 112 realizou o ano pasado máis de 190.000 intervencións en Galicia

En 2012 o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia practicou preto de 359.000 mobilizacións de recursos de emerxencias para resolver máis de 190.000 intervencións rexistradas no territorio galego. O número de chamadas recibidas superou o millón e medio e contabilizáronse preto de 800.000 consultas na web da Axencia Galega de Emerxencias, organismo encargado da xestión do 112.

Das incidencias xestionadas o pasado ano, o 45% estiveron relacionadas con Incendios, Rescates e Salvamento, seguidos da asistencia sanitaria (27,8%); o requirimento de forzas da orde (17,2%); e os accidentes de tráfico, laborais, marítimos e ferroviarios (9,6 %). Por provincias, o 38,6% das intervencións se realizaron na provincia da Coruña, o 35,8% en Pontevedra, o 13,7 % en Ourense e o 10,8% en Lugo.

En Galicia, o 112 Galicia atende e xestiona as chamadas de emerxencia da Comunidade Autónoma e coordina os medios e recursos que interveñen na resolución das emerxencias, contando para elo con procedementos e guías de actuación, adaptadas e constantemente actualizadas, para cada tipo de emerxencia.

Así mesmo, o 112 tamén conta coa colaboración dos diferentes organismos con capacidade de actuación en emerxencias (protección civil, forzas e corpos de seguridade, bombeiros, servizo de incendios forestais,salvamento marítimo, urxencias médicas), cunha plataforma tecnolóxica axeitada as últimas tecnoloxías, e con recursos humanos necesarios  para dar servizo durante todo o ano.

Estos datos foron proporcionados polo propio servizo como parte das iniciativas do  ‘Día Europeo do 112’, que se celebra este luns. O 112 creouse en 1991 e proporciona un número de emerxencia común, gratuíto e dispoñible as 24 horas dos 365 días do ano en toda a Unión Europea.

 

También te puede interesar