Vigo al día

Navantia e Barreras reúnense con Pemex para concretar a construcción de dous floteis

Tal e como adiantou onte vigoalminuto, a semán que ven responsables dos asteleiros Navantia e Barreras manterán unha xuntanza con directivos de PMI, a división internacional de Pemex, para concretar diferentes aspectos da construción dos floteis. A nova foi confirmada este domingo polo conselleiro de Economía e Industria durante unha entrevista na Radio Galega. Francisco Conde engadiu que, no encontro, “avanzarán na licitación dos 25 buques que formarían parte da renovación da flota menor de Pemex”.

Segundo Conde, a posición da Xunta con respecto ao naval de Ferrol non ten mudado, “carga de traballo ou dique flotante” e instou de novo a Navantia á creación dun pool de investidores capaces de financiar as infraestruturas necesarias para que o estaleiro ferrolán poida converterse “nun centro de reparacións de referencia”.

No tocante á recuperación económica e o emprego, o conselleiro sinalou que “o máis importante é crear as condicións para que as empresas sexan competitivas e xerar confianza” para o que sinalou que a Xunta está a “desenvolver políticas activas en eidos como a innovación e a internacionalización que esperemos que dean resultados no curto e no medio prazo”.

Conde tamén se referiu á problemática das Preferentes, subliñando que a Xunta puxo á disposición dos aforradores que foron vítimas dunha mala comercialización a arbitraxe, a fórmula máis efectiva e áxil para recuperar os seus cartos, “e que ten permitido que máis de 13.000 persoas puideran recobrar os seus aforros”.

 

También te puede interesar