RGPD - Cookies
Galicia

Ábrese o prazo para optar ás primeiras 50 prazas de intercambios xuvenís con Italia, Rusia e Xapón

En concreto, mozos e mozas galegos poderán realizar nos próximos meses un intercambio a Ossana, en Trento (Italia), Rusia e Wakayama (Xapón). Con esta iniciativa, a Consellería de Traballo pretende “facilitar o coñecemento doutras realidades socioculturais e lingüísticas á mocidade galega e favorecer e potenciar a adquisición de habilidades e competencias non formais”.

O primeiro dos intercambios terá lugar en Ossana, emprazada en Trento (Italia), do 16 ao 23 de marzo baixo a temática ‘Tradición e innovación: redescubrir o pasado para crear o futuro’. Entre o 22 e 29 de abril está programado a viaxe ao concello de Novodevyatkinsky (Rusia) baixo a temática ‘Busca de emprego na xuventude’. Tamén en Rusia, no Instituto de San Peterburgo da Educación Humanitaria, haberá un intercambio entre o 26 de abril e o 6 de maio sobre ‘Orientación profesional para a xuventude’. A última destas iniciativas, ‘Dous camiños, dous culturas’ será do 8 ao 15 de xullo á Perfectura de Wakayama (Xapón).

Os interesados en tomar parte das viaxes a Italia e Rusia poden inscribirse a partir de este luns, día 11 e ata o 18 de febreiro na web http://xuventude.xunta.es, onde se atopa toda a información detallada de cada programa e os formularios para anotarse. As admisións serán por rigoroso orde de inscrición ata cubrir a totalidade de prazas convocadas para cada intercambio. Os solicitantes seleccionados recibirán un correo electrónico de confirmación da súa praza. Poderán participar mozos e mozas galegas de entre 18 e 30 anos. Pola súa banda, o prazo para anotarse a Xapón comezará o 1 de marzo.

Os intercambios contarán con aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple, transporte na cidade e actividades organizadas pola entidade de acollida. A cargo dos participantes correrá o desprazamento ata o lugar, o seguro da viaxe, de accidente e de enfermidade, así como os gastos de obtención do visado para os intercambios a Rusia.

 

También te puede interesar