Galicia

A costa galega, en alerta laranxa este domingo

A Dirección Xeral de Emerxencias alerta dun temporal de mar de nivel laranxa que afectará a partir de mañá ao litoral de toda Galicia. Segundo as predicións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), a partir das 12.00 horas do domingo espérase na costa lucense e nas zonas noroeste e oeste da provincia da Coruña, vento en mar do oeste que acadará forza 8; mar de vento grosa e moi grosa; e mar de fondo, con ondas de ata 5 metros. Ao longo da tarde, a partir das 15.00 h, o temporal estenderase ao resto do  litoral da Comunidade autónoma e perdurará durante o luns.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias, a través do 112, informou da situación aos concellos afectados; ás Deputacións, servizos provinciais e asociacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros organismos. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Tamén recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos; así como vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web www.112galicia.org, que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.