Vigo al minuto

O Concello de Vigo investiu preto de 35 millóns de euros no rural nos últimos 5 anos

O alcalde con varios dos seus concelleir@s visitando hoxe Cabral

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este xoves que a Concellería de Fomento investiu durante os últimos 5 anos preto de 35 millóns de euros no rural unha cifra que nada ten que ver co destinado ás  distintas parroquias “nos 50 anos anteriores”.

Caballero, quen visitou a humanización da rúa Carballal, en Cabral, acompanado polo responsable do departamento de Fomento, David Regades, entre outros, explicou que na vía citada estase a executar unha beirarrúa de formigón na marxe esquerda e ampliación da calzada por un importe de 60.000€ e un prazo de execución de 2 meses.

Tal e como sinalou, e dado que a rúa é estreita foi precisa a cesión de terreo por parte dos veciños -nalghunas zonas máis de 2 metros- a coste cero para o Concello, para contruir a nova beirarrúa sen reducir o ancho dos carrís. En total, renováronse 200 metros cadrados de superficie e 115 metros de colectores. Esta obra eliminará na zona unha curva perigosa, engadiu o rexedor.

No caso de Cabral, o investimento foi superior 1 millón de euros en Cabral, Beade, Navia (zona antiga), Matamá, San Andrés de Comesaña, Castrelos, Comesaña, Coruxo, Oia, Saiáns, San Paio, Sárdoma, Zamáns, Alcabre e Bembrive, mentres que en de Valadares, o investimento supera os dous millóns, mentres que en Lavadores ascendo ao 10 millóns, con Severino Cobas e Manuel Álvarez.

A estas cantidades, dixo o rexidor socialista, hai que sumar os custos das actuacións desenvolvidadas desde outros departamentos municipais como Parques e Xardíns, Participación Cidadá, Urbanismo ou Deportes.

También te puede interesar