Vigo al día

Peche na Universidade de Vigo en protesta coa Reforma Educativa

A pasada noite a Asemblea Universitaria de Vigo fixo un peche na facultade de Minas para amosar o seu total desacordo coa nova reforma do sistema educativo (LOMCE) levada a cabo polo Goberno.

Os e as estudantes, pertencentes á Universidade de Vigo e outros centros, en torno a 20, pasaron a noite facendo faixas e cartaces explicativos sobre a LOMCE así como participando en debates e charlas sobre a devandita reforma.

No día de hoxe terá lugar a manifestación, que na cidade de Vigo sairá dende a Praza de América ás 12 do mediodía. Unha manifestación que agardan sexa masiva “xa que os ataques ao ensino son só a punta do iceberg dos brutais ataques do goberno que preside Rajoy ás clases traballadoras”.

 

 

También te puede interesar