RGPD - Cookies
Galicia

Os traballadores de Navantia decidirán se van a xuntanza co conselleiro logo da «tomadura de pelo de hoxe»

Un cento de traballadores de Navantia concentráronse este martes ante o edificio administrativo da Xunta en San Caetano para esixir carga de traballo e unha reunión co conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, quen se ofreceu a recibilos este mércores, o que os empregados do asteleiro  cualificaron de «tomadura de pelo».

Durante esta mobilización, incluída no calendario fixado pola representación sindical, os traballadores contaron co apoio de alcaldes da bisbarra de Ferrolterra como Ares, Mugardos e San Sadurniño, e tamén estiveron acompañados por membros dos tres partidos da oposición no Parlamento de Galicia.

En declaracións aos medios fronte á entrada do edificio os voceiros dos tres partidos censuraron o comportamento do Goberno galego ao ter «as portas pechadas» para o naval ferrolano.

Os traballadores lembraron que está é a terceira ocasión, logo dos “desplantes do delegado do Goberno e do anterior conselleiro de Industria”, na que se lles cambiaba a data dun encontro “cando xa estábamos de camino a Santiago ou a Coruña” e sinalaron que “lembramoslle ao presidente da Xunta que somos un sector declarado estratéxico por unanimidade do Parlamento e iso non o pode agochar”.

Polo que atingue á xuntanza do mércores, os empregados de Navantia sinalaron que o formato da mesma, entre unha representación da plantilla, o alcalde de Ferrol e o conselleiro, “o que busca é unha foto e, por elo, valoraremos se mañá merecen ou non esa reunión, porque non están facendo o seu traballo”.

 

También te puede interesar