Vigo al minuto

O Entroido 2013 empezará este venres e durará cinco días

Cinco días de tradición e diversión. Esa á a base do programa do Entroido 2013 que este ano contará cun orzamento de 85.000 €, 10.000 menos que en 2012. O mesmo emperzará este venres, día 8, coas Murgas e as Charangas que percorrerán desde as 7 da tarde horas as rúas Príncipe, Porta do Sol, Praza da Princesa, Praza da Constitución e Centro Histórico. Unha hora máis tarde, na Porta do Sol, procederase á entronización do Meco e ás 8 e media chegará o momento do pregón na praza da Constitución, que estará seguido polo concurso de Coplas.

O sábado, día 9, comezará ás 5 do serán a animación na rúa en Urzáiz, Príncipe, Porta do Sol, Praza da Princesa, Carral, Praza de Compostela, Colón e Policarpo Sanz. A esa mesma hora, concentrarase na rotonda de Isaac Peral a comitiva rexia, que media hora máis tarde será recibida na praza de Compostela. O desfile de comparsas e carrozas comezará as 18,00 horas na rotonda de Isaac Peral que percorrerá Policarpo Sanz, ata a Porta do Sol, aquí arrancará a verbena ás 22,30 horas, coas actuacións das orquestas Pontevedra e Limón.

Segundo o programa, o domingo 10 e o luns 11 estará adicado aos máis pequenos, con actividades lúdicas, hinchables e obradoiros na Praza do Rei a partir das 17,00 horas. A partir das 19,00 horas do martes 12 de febreiro, haberá animación nas rúas la Praza da Constitución, na rúa Príncipe, na Porta do Sol, na Praza da Princesa e no Centro Histórico. Antes, ás 18,30 horas celebrarase na Praza do Rei o concurso de disfraces. A inscrición será posible na mesma carpa desde as 17,00 horas. As 22,15 horas empezará a verbena na Porta do Sol, coa orquesta Marbella, unha actuación que será interrumpida ás 22,30 horas para queimar o Meco.

As 18,00 do mércores 13 de febreiro organizaránse na Praza da Constitución as exequias funerarias solemnes e media hora máis tarde, ás 18,30 horas, sairá a comitiva cara a Porta do Sol.

 

También te puede interesar