Comarcas

Complétase a rede de saneamento de As Neves da que beneficiaranse 5.000 veciños

O delegado da Xunta o alcalde de As Neves Raúl Emilio Castro xunto co presidente de Augas de Galicia Francisco Menéndez

O director de Augas de Galicia, Francisco Menéndez, visitou hoxe As Neves, onde  comprobou o avance das obras que o seu departamento está a executar neste concello, e que  consisten en completar a rede de saneamento dos núcleos de Ribarteme, Sequeiros e Tortoreos, unha actuación que suporá un beneficio aos máis de 5.000 veciños.

A obra iniciouse en xuño de 2012 e xa está case rematada, a falta de un pequeno ramal de saneamento e de poñer en marcha os bombeos. O investimento realizado nesta actuación ascende a preto de 500.000 €.

A actuación supuxo construír unha rede de colectores de recollida de augas residuais fecais con tubaxe de PVC compacto de 315 milímetros de diámetro e sumando un total de máis de 2,5 quilómetros. Esta tubaxe repártese en varios treitos. O primeiro recolle a rede existente nas inmediacións do leito do Xuliana, co fin de concentrar ese caudal nun punto onde se instalou o bombeo nº 1; outros tres treitos conectan a rede actual de saneamento procedente do núcleo urbano das Neves con novos colectores instalados na marxe da estrada PO-400, para conducir as augas residuais cara á EDAR de Vide.

O cuarto treito recolle o procedente da rede existente en Ribarteme e o impulsado por un novo bombeo e acaba conectándose á rede que vai á EDAR de Vide; o último treito recolle o núcleo de Sequeiros ata o colector interceptor xunto ao río Termes.

Para dar servizo aos dous bombeos que se construíron na obra dispuxéronse ademais dous tramos de impulsión, que completan a rede de colectores salvando os desniveis do terreo cunha lonxitude de 476 metros de tubaxe en Ribarteme e 218 metros en Tortoreos. Pola súa parte, o bombeo de Tortoreos conta con 2 bombas de 1,5 Kw para levar un caudal de 5,5 l/s a unha altura de 11,6 metros, e o de Ribarteme con 2 bombas de 2,9 Kw para levar un caudal de 2,1 l/s a unha altura de 41,5 metros.

Os tramos de colector por gravidade xa están funcionando, e aos bombeos e impulsións fáltanlles os últimos remates para poder recibir a obra e que a Xunta ao Concello de As Neves.

 

También te puede interesar