RGPD - Cookies
Comarcas

Denuncian condicións «paupérrimas» dos operarios que traballan para o Concello de Mondariz Balneario

Foto cedida polo BNG en Mondariz Balneario

O denuncian os nacionalistas de Mondariz Balneario a través dunha nota de prensa na que explican que os operarios contratados non contan coa roupa necesaria e cos mínimos medios de seguridade.

Dende o BNG lembran que «ao abeiro do Convenio de colaboración asinado en  xullo de 2012 entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Deputación de Pontevedra, destinado ao fomento do emprego mediante a contratación de traballadores para a realización de actividades ou proxectos de interese social nos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia, a Deputación contratou un total de 371 persoas, das que asignou un grupo ao concello de Mondariz Balneario».

Neste senso, o Concello de Balneario «asumiu o compromiso proporcionar aos traballadores os medios materiais e a roupa de traballo necesaria para o desempeño das tarefas», sendo o propio Concello o que debe decidir os traballos que lles encomenda.

Outra foto remitida polos nacionalistas de Mondariz Balneario

«Cando xa levan catro meses exercendo o seu traballo, o concello inda non lle proporcionou  nin o mais mínimo medio de protección, luvas, botas de seguridade, casco, fundas, ou roupa de auga» e os nacionalistas agregan que o caso «resulta moito mais escandaloso se temos en conta as condicións meteorolóxicas que se teñen presentado nestes últimos meses, «e que este persoal foi destinado á construción de muros de pedra, véndose obrigado a aproveitar as rochas e pedras presentes no propio lugar e que desenvolve a súas funcións  á intemperie».

Algún destes traballadores, cansado de solicitar a entrega da roupa de traballo sen ter resposta algunha por parte do concello, optou estes días por dar a coñecer á cidadanía a situación, colgando nas costas un letreiro no que expresa a súa reivindicación, sen que ate agora esta acción tivese resultado.

O BNG denuncia estas condicións de traballo que rozan o «escravismo» mais propias de séculos pasados que do século XXI no que vivimos, e por elo vai trasladar o caso entre outras instancias, ao Pleno da Corporación do Concello, ao da Deputación, e ao da Cámara Galega.

 

También te puede interesar