Vigo al minuto

O BNG pregúntalle á ministra Pastor, no Congreso, cándo vai a baixar a peaxe da AP-9 entre Vigo e Pontevedra

A portavoz do BNG no Congreso rexistrou unha iniciativa parlamentar para preguntarlle á Ministra de Fomento cándo se vai pór en marcha a reducción dos prezos das peaxes anunciada para o tramo situado entre Vigo e Pontevedra. A deputada do BNG quer saber cal vai ser a contía da rebaixa e se se van incluir outros tramos da AP-9.

Olaia Fernández lembra que o Bloque se dirixiu a Fomento en numerosas ocasións para que procurara unha rebaixa dos prezos das peaxes da AP-9 debido aos seus elevados custes. Esta circunstancia, segundo o BNG, está provocando unha auténtica “espantada de automovilistas e usuarios que deixaron de utilizar a autoestrada”. No último ano, e segundo dados de Fomento, o  tráfico no tramo Vigo-Pontevedra descendeu en máis dun 8%, cifra que se debe sumar ao descenso do 6% nos tres últimos anos.

“Ademáis de ser a peaxe máis cara da AP-9, o prezo desta peaxes, igual que outras desta autoestrada, viuse sometida a excesivas e abusivas subas que nos últimos dez anos levou a un incremento dun 50%”, sinala a voceira nacionalista.

A deputada do BNG alude ás declaracións da Ministra de Fomento anunciando a sinatura dun protocolo coa concesionaria AUDASA para incluir a cuestión das rebaixas das peaxes e pide a Ana Pastor que informe da data na que podería entrar en vigor estas reduccións das peaxes, así como de si se van incluir outros tramos da AP-9-

 

También te puede interesar