RGPD - Cookies
Vigo al día

Arranca a Liga Linco de baloncesto con 200 [email protected] de entre 6 e 16 anos

As Ligas Linco Linorsa regresan unha tempada máis ás pistas de Balaídos e Navia, pista esta última que foi a protagonista da posta en marcha, o pasado venres día 25 de xaneiro do 2013, destas competicións interescolares organizadas un ano máis polo Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia.

Os 19 equipos inscritos que xogarán nas dúas Ligas Internas de Colexios se deron cita no polideportivo de Navia para dar o pistoletazo de saída das competicións. Na 11ª Liga Interna de Colexios, dirixida a nenos e nenas de 6 a 12 anos, participarán sete equipos benxamíns e seis equipos alevíns; participando seis combinados na 4ª Linco Linorsa XL, dirixida a rapaces e rapazas infantís e cadetes de 13 a 16 anos.

Con preto de 200 xogadores e xogadoras procedentes das diferentes escolas deportivas organizadas e dirixidas polo club Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia (CEIP Seis do Nadal, CEIP Illas Cíes, CEIP Javier Sensat, CEIP Pintor Laxeiro, CEP Doutor Fléming, CEP C. Emilio Ferreiro, Colexio Salesianas Don Bosco, as tres escolas deportivas municipais de Berbés, Navia e Balaídos, a escola convidade do CEIP Carrasqueira), as Ligas Linco vivirán nesta nova tempada dúas novas edicións cun alto nivel de participación.

A partir do próximo venres día 1 de febreiro dará comezo a competición oficial das Ligas Internas de Colexios. A primeira xornada da 11ª Liga Linco 2013 terá lugar no pavillón de Navia desde as 16:15 e ata as 18:00 horas, sendo a celebración dos primeiros partidos oficiais da 4ª Liga Linco XL no polideportivo de Balaídos de 18:00 a 19:00 horas.

 

También te puede interesar