Galicia

A costa galega en alerta laranxa, dende esta media noite

A Dirección Xeral de Emerxencias alerta dun temporal de mar de nivel laranxa que afectará ao litoral das tres provincias costeiras galegas, a partir desta media noite. Segundo as predicións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), espérase que a partir das 00.00 horas de mañá se produza un fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa con mar de fondo do noroeste e ondas que poderán oscilar entre os 4 e 5 metros de altura, podendo acadar os 6 metros na costa de Lugo ao final do día 27.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos das tres provincias afectadas; ás Deputacións, servizos provinciais e asociacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Tamén recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.