Deportes

O Seis do Nadal de Baloncesto organiza, un ano máis, as ligas internas de colexios

A última das edicións da Liga Interna de Colexios Linco-Linorsa 2012, supuxo un gran éxito para o Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia, xa que «foron cumpridos os obxectivos marcados para esta competición escolar superando tódalas expectativas sobre o número de participantes”.

A mellora técnica e formativa de todos e cada un dos nenos e as nenas foi notable e púidose seguir nesta competición escolar que contou con 15 xornadas nas que se levaron a cabo en cada unha delas 6 encontros de categoría benxamín e outros 6 partidos de categoría alevín, tendo disputados preto de 200 partidos desde febreiro ata maio.

Por este motivos o Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia organizará por undécimo ano consecutivo unha nova edición desta Liga Interna de Colexios (LINCO) que se desenvolverá no Pavillón Municipal de Navia tódolos venres, desde o mes de febreiro ata maio, de 16:15 a 18:00 horas.

Nesta nova edición da Liga LINCO – Linorsa 2013 participarán as 11 Escolas Deportivas dirixidas e coordinadas polo Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia: as Escolas Deportivas dos colexios CEIP Seis do Nadal, CEIP Illas Cíes, CEP Celso Emilio Ferreiro, CEP Doutor Fléming, CEIP Pintor Laxeiro, CEIP Javier Sensat e Colexio Don Bosco; así como as tres Escolas Deportivas Municipais do Berbes, Balaídos, e Navia; e a escola deportiva do CEIP Carrasqueira como escola convidada nesta edición; xuntando a máis de 200 nenos e nenas de entre 6 e 12 anos.

 

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.