Galicia

O Concello de Compostela desvela que o funcionario que denunciou ao alcalde ten aberto un expediente

O policía local que interpuxo unha demanda xudicial que foi aceptada pola xuiz que ven de imputar ao alcalde de Santiago, Ángel Currás, e ao seu antecesor, Gerardo Conde Roa, ten un expediente sancionador aberto polo Concello e pendente de cumprir. Nel, suspéndese un mes de emprego e soldo ao funcionario por utilizar o coche patrulla nun desprazamento particular, ao que se suman outros tres días de sanción por saír co vehículo do termo municipal.

Así o revelou este mércores, en rolda de prensa, o concelleiro de Tráfico e Seguridade Cidadá compostelán. Albino Vázquez, que tamén está imputado por supostos delitos de prevaricación e  acoso moral  a este axente, asegurou que aínda non recibiu a notificación xudicial da imputación, ainde que sí coñecía a denuncia presentada polo policía, xa que entrou por Rexistro do Concello, e explicou que “está pendente de cumprila”, toda vez que a demanda “propón a suspensión” da súa aplicación.

 

También te puede interesar