RGPD - Cookies
Galicia

5.360 [email protected] sen clase e catro portos galegos pechados ao tráfico por xeo e neve

A neve e xeo acumulado na rede viaria galega deixou sen clase este mércores a 5.360 escolares de 93 centros das provincias de Ourense, Lugo e Pontevedra. Segundo os datos da Consellería de Educación, a provincia máis afectada foi de novo a de Ourense, con 3.260 alumnos sen clase de 49 centros educativos.

Pola súa banda, en Lugo víronse afectados 43 centros e 1.898 estudantes; mentres que na provincia de Pontevedra non puideron acudir ás aulas 202 alumnos do centro de Rodeiro. Polo seu lado, na de A Coruña non se rexistraron incidencias. Educación resaltou a diminución do número de centros afectados con respecto á xornada do martes, na que uns 7.800 alumnos dun centenar de centros educativos quedaron sen clase.

A Xunta mantén este mércores, como o martes, polas malas condicións meteorolóxicas, a suspensión de actividade docente e de transporte escolar de centros educativos situados en zonas de montaña de Lugo e Ourense.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestrutura mantén pechado ao tráfico pesado os portos de montaña de O Cebreiro (entre os quilómetros 0 e 6), San Roque (PK 6-10), Poio (quilómetros 10-20), LU-633 (Pedrafita N-VIN-Alto do Hospital) e Viduedo (0 ao 7) na estrada LU-637. A Xunta recomenda precaución e circular con cadeas para o resto de estradas afectadas pola neve nas provincias de Lugo e Ourense.

A situación das estradas titularidade do goberno galego, require circular con cadeas pola presenza de neve nos portos de montaña de A Fontaneira (quilómetros 30-37) e O Cerredo (43-57) da LU-530 (Lugo-A Fonsagrada); na LU-701 en A Fonsagrada; LU-703 entre Barbeitos e límite con Asturias; LU-721 entre A Fonsagrada e Vilabol de Suarna; LU-740 entre A Fonsagrada e Vilardiaz e OU-122 entre Sobradelo e límite con Zamora (alto de Casaio).

 

También te puede interesar