Galicia

64 feridos e 4 mortos en accidentes de tráfico nas estradas galegas, esta fin de semana

O 061 asistiu durante a fin de semana un total de 64 persoas debido a 48 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas dende as 3 da tarde do venres ate a medianoite deste domingo. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o sábado con 17 accidentes.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 59 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 48 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 64 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 58 e 42%, respectivamente, nas idades dos feridos, obsérvase cun 37%  dos atendidos tiña entre os 15 e os 29 anos e por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 21 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 62. Así, ambulancia medicalizada acudiu a cinco sinistros,  o helicóptero medicalizado asistiu nun tráfico, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 52 sinistros, as ambulancias convencionais acudiron a tres accidentes, e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria nun sinistro.

En 52 casos os feridos foron trasladados aos centros hospitalarios correspondentes, unha  persoa foi levada ao Centro de Atención Primaria ou Punto de Atención Continuada, sete foron atendidos no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e catro persoas resultaron falecidas.

 

También te puede interesar