RGPD - Cookies
Deportes

Tui conta con 3 desfibriladores nas súas instalacións deportivas municipais

O Concello de Tui é un dos primeiros da provincia pontevedresa en colocar desfibriladores nas instalacións municipais. Así o expuxeron hoxe os responsables municipais na presentación deste equipamento que tivo lugar na Área Panorámica.

Ante os medios de comunicación compareceron o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, o xefe de Cardioloxía de Povisa, Marcelo Sanmartín, e o representante de Medigalia, Javier Fernández.

O pavillón deportivo municipal novo, o Campo Municipal de Fútbol Álvarez Durán e o Centro Interfederado de Tui, estarán provistos dende esta semana de desfibriladores externos semiautomáticos, sendo o obxectivo da Concellería de Deportes dotar ao resto de instalacións deportivas destes aparatos, como medida de seguridade ante o risco dunha parada cardíaca aos deportistas e espectadores que utilizan as instalacións cada día.

O alcalde tudense durante a rolda de prensa desta mañá

Por certo que o pasado 3 de xaneiro impartiuse un curso de RCP e utilización de desfibriladores externos semiautomáticos (DESA) organizado polo Concello de Tui, no que participaron representantes dos clubs que adestran e compiten nas instalacións deportivas onde se instalarán os tres DESA adquiridos polo Concello a finais do ano pasado.

Este curso é obrigatorio para poder dar de alta os desfibriladores ante o 061, que é o organismo encargado de controlar e supervisar a súa instalación.

También te puede interesar