RGPD - Cookies
Galicia

O 061-Galicia asistiu a 92 persoas nos 65 sinistros deste fin de semana

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana un total de 92 persoas debido a 65 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas.

O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o sábado con 27 accidentes.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 82 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 65 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 92 persoas.

Por provincias foi A Coruña a que rexistrou máis accidentes con 30 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas, mentres que Pontevedra tivo 22, Ourense, 8, e Lugo con 5.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 84. Así, ambulancia medicalizada acudiu a cinco sinistros,  o helicóptero medicalizado asistiu nun tráfico, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 68 sinistros, as ambulancias convencionais acudiron a tres accidentes, e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en sete sinistros.

En 74 casos os feridos foron trasladados aos centros hospitalarios correspondentes, tres persoas foron levadas ao Centro de Atención Primaria ou Punto de Atención Continuada, 14 foron atendidos no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e unha persoa resultou falecida.

 

 

También te puede interesar