RGPD - Cookies
Galicia

Os quitaneves xa traballan nos concellos lucenses de Pedrafita, O Courel, Becerreá e Cervantes

A Deputación de Lugo ven de activar, este domingo, todo o operativo do Plan Invernal de Estradas logo das precipitacións de neve rexistradas nas zonas altas da provincia. Seis quitaneves están a traballar para despexar as estradas provinciais nos concellos de Pedrafita, O Courel, Becerreá e Cervantes.

Nun comunicaco o organismo provincial subliña que a activación deste dispositivo adiantouse para “garantir a circulación e a seguridade dos conductores logo de que na tarde do sábado xa había, nalgúns puntos da provincia, ate cinco centímetros de neve acumulados”.

A Deputación lembra que este Plan ten coma obxectivo “actuar coa máxima axilidade e manter en condicións a rede viaria provincial, a máis extensa do Estado, con máis de 4.000 kilómetros”. Nas labouras de limpeza, que abranguen oito zonas da provincia lucense, traballan xa 54 vehículos e 102 operarios.

 

También te puede interesar