Galicia

O prezo do leite fixarase en canto chegue aos 32,5 oy 33 céntimos de euro

O xerente da Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (Agaca) explicou que se prevé que o prezo do leite vendido no pasado mes de decembro sexa de 31 céntimos de euro e confiou en que “esta cifra chegue aos 32,5 ou 33 céntimos en xaneiro para fixar o seu prezo”.

Nunha entrevista concedida a Radio Nacional España  (RNE), Higinio Mougán asegurou que tras o acordo para o custo do leite alcanzado a finais de 2012, “pódese falar craramente dunha mellora real, aínda que hai que preguntarse se é suficiente”.

Mougán indicou que a súa impresión é que a suba dos prezos está a repercutir un 8 ou un 9%, maila que a estimación para recuperar os prezos estaba no 13%. O xerente de Agaca engadiu que “e o consello que lle damos aos gandeiros é que asinen contratos que recuperen prezos a longo prazo, non só para tres ou seis meses, senón como mínimo dun ano”.

Higinio Mougán criticou con dureza a grande distribución láctea de Francia que, na súa opinión, so tenta manter un prezo elevado no seu mercado e colocar os excedentes a prezos baixos en mercados secundarios como España e Portugal, “colocan aquí os seus excedentes aos prezos que sexa, sen ningún tipo de barreiras, e mesmo por debaixo do que pagan aos produtores”, denunciou.

Por iso, lamentou que non haxa ningunha autoridade que actúe nestos casos, “as autoridades de aquí escúdanse en que é competencia da Unión Europa, polo que non hai xeito de tramitar as denuncias e actuar para corrixir estas manipulacións do mercado perfectamente dirixidas e planificadas”.

Mougán salientou que o sector lácteo ten que apostar pola comercialización, xa que, advertiu, “non hai negocio que saia adiante sen ela, é o mesmo que sexa individual ou colectivamente”.

 

También te puede interesar