Comarcas

Rematadas as obras do miradoiro da rúa Cuenca en Tui

Finalizaron xa as obras de remodelación do miradoiro existente na rúa Cuenca, preto da súa confluencia coa Praza de Frómista.

Ase o informou hoxe o Concello de Tui que explica que as obras consistiron na colocación de pavimento neste espazo (ata agora era de terra sendo substituído por un pavimento de lousas de pedra dun espesor de 15 centímetros) e na recollida de pluviais. Esta intervención supuxo un investimento de 9.948,73 euros financiado con fondos municipais.

Con esta obra se procede a dignificación dun espazo urbano ata agora non aproveitado e que, lamentablemente, sufría nas fines de semana unha constante degradación. A vontade municipal é recuperar o seu carácter de miradoiro sobre o río Miño e a ribeira de Portugal, procedendo xunto a esta obra a solicitar a colaboración dos veciños na poda de arbores e arbustos que ata agora impiden a visión desde este lugar.

O Concello de Tui continúa con esta nova intervención avanzando no seu labor de conservación e promoción do conxunto histórico tudense, se hai uns días era a obra de mellora do acceso e contorno da Igrexa de San Domingos, limpeza de pintadas ou a reposición dos pináculos do adro da igrexa de San Telmo, agora outro recanto da zona monumental foi obxecto dunha obra de remodelación.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.