Louzán asegura que está ao lado d@s afectad@s polas preferentes e est@s respostan que “está do lado do PP”

Segundo o representate de Afactad@s pola compra de Preferentes de Baixo Miño, o encontro que mantiveron representantes das asociacións de toda a provincia cos alcaldes da provincia e o presidente da Deputación, “lonxe de mellorar as nosas expectativas, empeorounas”. Xulio Vicente indicou que “non vimos compromiso, nin por parte dos alcaldes nin por parte do presidente da Deputación que levan un ano decíndonos o mesmo”.

Por suposto, a impresión do máximo representante do organismo provincial foi outra. Rafael Louzán reiterou a súa “plena solidariedade con todos os afectados”, sublimando que a Deputación “é unha aliada de todas as persoas estafadas”, como o teñen que ser todas e cada unha das administracións.

Neste sentido, Louzán, que estivo acompañado pola xerente do Instituto Galego de Consumo, María Jesús Muñoz, incidiu en que ao traballo feito tanto desde a Xunta, “pioneira en poñer en marcha a vía da arbitraxe que xa permitiu devolver aos afectados 200 millóns de euros”, hai que sumar o da propia Deputación que, “a través da súa Oficina Provincia de Información ao Consumidor, tramitou 888 reclamacións”. O presidente repetiu que “non imos parar” e asegurou ás asociacións de afectados que trasladou ao presidente do Goberno, “primeiro nunha xuntanza informal, e logo públicamente”, a súa preocupación pola situación na que están centos de familias e pediulle unha solución para que recuperen os seus cartos, “logo da estafa masiva da que foron víctimas”.

Obxectivo: tomar os concellos gobernados polo PP

Esta declaración de Louzán no foi suficiente, segundo Vicente, para os afectados e, ao remate da xuntanza deste venres en Pontevedra, foi especialmente duro asegurando que “saimos máis indignados do que entramos: ningún alcalde, nen o presidente da Deputación quíxose mollar decindo que valen máis os seus veciños que o cargo que teñen representando ao Partido Popular”. Na súa opinión, “quedou craro que respaldan a posición do Partido Popular, non aos veciños, se fose así, dirían públicamente que o seu cargo está a disposición dos veciños se o PP síguenos roubando e estafando”.

O representante dos afectados do Baixo Miño salientou que non foi así, “estos señores están aquí a defender o seu salario, non aos milleiros de afectados aos que está estafando o Partido Popular”. Vicente indicou que “como o señor Louzán e moitos alcaldes practican a corrupción non queren que falemos de política cando todos sabemos que a solución aos nosos problemas é unha solución política”. Pese a elo indicou que as plataformas de afectados non teñen cor político, “se esiximos unha solución ao PP é porque é quen está gobernando e porque, non nos olvidemos, foi o señor Feijóo quen creou Novagalicia Banco,obrigando ás dúas caixas nas que tiñamos os nosos cartos a fusionarse”.

En resposta a preguntas dos xornalistas sobre cales serán as próximas medidas que van a tomar, Xulio Vicente non dubidou, “ocuparemos, en toda Galicia o maior número de concellos gobernados polo Partido Popular, que é quen ten que facer que nos devolvan os cartos que nos roubaron, é a súa responsabilidade….se fose a de outro partido faríamos o mesmo”.

 

También te puede interesar