RGPD - Cookies
Vigo al día

Seguimento masivo e cumprimento dos servizos mínimos na folga de ambulancias

Poucas incidencias no primeiro dos días de folga de ambulancias convocada por  CC.OO., UGT e CIG, con pintadas e rodas pinchadas, entre as primeiras ás da ambulancia medicalizada que ten a súa base no Hospital Nicolás Peña de Vigo. As centrais aseguraron, a primeira hora da tarde, que o seguimento do paro é prácticamente total e, coma estaba previsto, cumpríronse os servizos mínimos, que abranguen o 100% das urxencias, e a atención a doentes de oncoloxía e aqueles que teñen que someterse a diálese. O 061 salientou, tamén, que non houbo incidencias nos servizos xa programados e confirmou o cumprimento dos servizos mínimos.

Os sindicatos confirmaron que, dende a xuntanza do martes, non houbo contacto cos empresarios e subliñaron que “o que propón a patronal son máis recortes, e que os mesmos levarían a unha perda de poder adquisitivo” que estaría preto do 9% anual, xa que eliminaría unha das 15 pagas que cobran os traballadores do sector.

Esta opinión foi rebatida polos empresarios que, repetiron, ofrecen ás plantillas un acordó que garante os 1.500 postos de traballo, unha suba do 1% anual durante o tempo de duración do convenio e o mantemento das actuáis condicións laboráis, coma os permisos por asuntos propios, xornadas e horarios.

 

También te puede interesar