RGPD - Cookies
Sucesos

Detido o presunto autor de cinco incendios no Parque Natural Baixa Limia-Xurés

O equipo do Servizo de Protección da Natureza de Ourense, xunto co Equipo de Investigación de Incendios de Celanova, detivo a un veciño de Lobios coma presunto autor de cinco lunes forestais rexistrados no Parque Natural Baixa Limia-Xurés.

Segundo a Garda Civil, ao suxeito, F.S.V., de 45 anos, que foi detido este mércores pasada a 1 da tarde, como presunto autor dos incendios nos que arderon o,7 hectáreas,no primeiro, 0,6, no segundo, 5 no terceiro, 6 no cuarto e 74 hectáreas no quinto, todos elos no devandito parque os anos 2011 e 2012.

O detido, que foi posto a dispor do Xulgado de Instrucción de Bande, foi posto en liberdade logo de prestar declaración ante o xuiz.

 

También te puede interesar