Vigo al minuto

Un século da historia de Vigo na Casa das Artes, a través do Arquivo Pacheco

Foto de arquivo do edificio da Casa das Artes

Desde hoxe e ata o 17 de abril todos os que o desexen poderán achegarse á Casa das Artes para facer un percorrido pola evolución de Vigo a través das imaxes do Arquivo Pacheco.

A mostra é un percorrido fotográfico a través dun rquivo vivo, dunha representación dunha parte da diversidade temátida do seu fondo a través dos traballos de investigación ou editoriais que durante o ano 2012 empregaron imaxes deste depósito.

O temática das obras fotografías abranguen desde a industria conservera ata a arquitectura e o urbanismo, pasando polo deporte ou a guerra civil. Trátase dun percorrido pola evolución de Vigo durante o último século.

O propio rexidor de Vigo, Abel Caballero invitou á cidadanía a descubrir a exposición fruto do traballo que desenvolveu o Concello para consolidar a recuperación e difusión dos fondos do Arquivo. Concretamente, fixéronse melloras nas condicións de conservación, construiuse un sistema de catalogación con referencias archivísticas e implantouse un software libre.

O obxectivo, sinalou Caballero, é continuar coa catalogación, dixitalización e documentación dun fondo que recolle un século da historia de Vigo.

También te puede interesar