RGPD - Cookies
Galicia

A alcaldesa de Sanxenxo cede e recibirá aos afectados polas Preferentes que tentaron entrar no Concello

Os afectados polas Preferentes, no interior do Concello de Sanxenxo

A alcaldesa de Sanxenxo recibirá aos afectados pola compra de Participacións Preferentes que, hai apenas media hora, tentaron entrar na Casa do Concello. Segundo indicou o voceiro dos mesmos a vigoalminuto, nun primeiro momento, a Policía Local, seguindo ordes de Catalina González, que estaba de vacacións, impediu o acceso ao consistorio pechando as portas pero, tras unha conversación telefónica “chegamos ao acordo” de que González interrompería os seus días de descanso e voltaría ao concello para falar cos afectados, que agardan por ela nun salón do mesmo.

Os afectados polas Preferentes do Salnés, seguen os pasos doutras asociacións, coma a de Vigo, Gondomar, O Rosal e o Morrazo, que veñen impulsando mobilizacións para esixir a devolución dos seus cartos, na meirande parte dos casos, “retidos” en Novagalicia Banco.

Nos casos de O Rosal e Gondomar, os afectados pecháronse, primeiro en dependencias da entidade e, máis tarde no Concello, mentras que en o Morrazo as súas actuacións, coma o lembrado furancho diante da oficina principal de Moaña, tiveron coma consecuencia o peche indefinido da mesma.

 

También te puede interesar