Vigo al minuto

Carlos Aymerich asegura que Santiago Domínguez seguirá coma concelleiro

Eso é o que asegurou hoxe o vicevoceiro do BNG no Parlamento de Galicia. Carlos Aymerich, indicou que Santiago Domínguez xa tiña tomada a decisión de deixar de ser o portavoz dos tres concelleiros do Bloque no Concello de Vigo, “dende hai tempo” e que só agardou a que se aprobasen os orzamentos para 2013. “Deixa o listón moi alto para quen o suceda á fronte do grupo municipal”, engadiu Aymerich, quen adiantou que, en calquera caso, Domínguez seguirá traballando no grupo municipal do Bloque.

En rolda de prensa o deputado nacionalista calificou a Domínguez de amigo, “un exemplo de militancia” e na labor que desenrolou nos cargos públicos que ocupou, “e está a ser un exemplo, tamén, agora, poñendo o colectivo por diante do individual dando paso a unha renovación dentro do grupo municipal do BNG en Vigo”.

 

También te puede interesar