Comarcas

As Neves ultima a Cabalgata dos Reis Magos

Concello de As Neves prepárase para recibir ás Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente. Melchor, Gaspar e Baltasar teñen previsto estar o vindeiro día 5 de xaneiro na Escola de Música, lugar de dondepartirán, ás 4 e media da tarde, para percorrer as principais rúas da vila ate chegar ao Pavillón Municipal de Deportes.

Unha vez alí, os Reis repartirán agasallos a centos de nen@s nevenses e terán a oportunidade de os coñecer en persoa, logo de ter recibido as súas cartas. Melchor, Gaspar e Baltasar, falarán cos pequenos e as pequenas para saber cómo se portaron e ver canto medraron dende o ano anterior. Ademáis, no mesmo lugar, para que os rapaces e rapazas poidan disfrutar do día anterior á noite dos agasallos, haberá unha festa con xogos, inchables, música e obradoiros.

Este será o colofón duns días cheos de actos e propostas, para os máis pequenos e para os seus país e avós.Entre elas, este mesmo venres, os alumnos do Colexio ‘Marquesa do Pazo da Merced’, representan no auditorio municipal a obra ‘A princesa e o labrego’.

sábado, día 29, no mesmo lugar, ás 6 da tarde e a un prezo de 2 €, proxéctase a película galega ‘ O Apóstolo’; e odomingo, día 30, ás 5 e media, as corais Santa María de As Neves e Santa María de Salceda, ofrecerán un dos concertos máis agardados do ano.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.