RGPD - Cookies
Galicia

A conselleira de Facenda asegura que ate 2015 non haberá crecemento

A conselleira de Facenta ven de sinalar, en relación coa evolución da economía galega que a finais de 2013 haberá un cambio de tendencia, que 2014 será de transición e que “en 2015 poderían recuperarse tasas importantes de crecemento”. Nunha entrevista concedida ao programa ‘Bos días’ da Televisión de Galicia, Elena Muñoz, salientou que, tendo en conta estos datos “é importante sentar as bases e tomar medidas agora co fin de chegar ao crecemento nesta lexislatura”.

Na súa opinión, os orzamentos para 2013 son “realistas e prudentes” ao tempo que defendeu que a contención do déficit e os recortes deste ano supuxeron que “os galegos teñan que facer menos sacrificios que os cidadáns doutras comunidades e non teñan que enfrontarse a medidas restrictivas tan i9mportantes como no resto do Estado”.

Muñoz repetiu que a prioridade da Xunta segue a ser o gasto social para o cal, indicou, resérvase o 77% do orzamento para este ano e defendeu que “as consellerías que soportan o gasto social son as que, porcentualmente, teñen menores reducciones nas súas contas”.

A titular de Facenda descartou que haxa modificacións orzamentarias neste exercicio, “os galegos xa saben cales son esas medidas, eso é o que queremos transmitir”. Ademáis, Elena Muñoz defendeu a creación do fondo de crecemento para 2013, dotado con 386 millóns, e as liñas de Investigación e Desenrolo (I+D), “as mesmas vana a ser as que van a recibir o groso da financiación: son unha prioridade”.

 

También te puede interesar