Comarcas

Os concelleiros do BNG abandonan o Pleno de As Neves

A razón última do abandono dos concelleiros do Bloque, renunciando a súa asignación económica por asistencia á sesión, foi que o alcalde fixou a reunión da Corporación para o día 26 de decembro, “coñecedor de que representantes municipais dos demais grupos políticos non poderían asistir”. Ademáis delo, o Bloque  insiste na súa queixa reiterada de que lle trasladan a información que se vai tratar nos plenos con moi poucos días de antelación, dificultando así o seu estudo e preparación.

Elo, salienta o BNG, “impediu facer a este grupo político propostas e achegas ao orzamento que vai rexer a actividade do Concello no vindeiro ano, pois ditou a convocatoria do Pleno o día 19 de decembro”, cando indica, había prevista unha reunión cos demais grupos políticos para o día 21 do mesmo mes na que cada grupo faría as súas propostas. Actitude que, “unha vez máis, pon de manifesto o desprezo deste alcalde polos membros dos demais grupos políticos e pola poboación nevense que estes representan”.

Ademáis os nacionalistas manifestan a súa total e absoluta oposición aos orzamentos que pretende aprobar o grupo de goberno, nos que “o 40% dos ingresos previstos destínanse a custes salariais do persoal, en concreto, 750.274,06 €”. O Bloque subliña que o orzamento que “gasta máis en pagarlle aos tres cargos políticos con adicación exclusiva, 145.000 €, que en investimentos para todo o territorio do concello no vindeiro 2013 “para o que se prevén tan só 116.000 €”, entre outros aspectos dos que o BNG dará conta á veciñanza de As Neves no seu próximo voceiro e nas reunións nas parroquias, así como das propostas do noso grupo político para “facer uns orzamentos que permitan o crecemento e mellora do noso concello”.

 

También te puede interesar