Vigo al minuto

‘Vaia Navidades que temos diante cos das Preferentes e tanto mangante”

Afectad@s polas preferentes este sábado en Vigo

Máis de 1.500  afectad@s pola compra de Participacións Preferentes esixiron este sábado no ‘cruce dos catro bancos, na intersección das rúas García Barbón, Colón, e Policarpo Sanz  que o arbitraxe posto en marcha hai meses, “esté aberto para todas as personas que foron víctimas desta estafa”.

A concentración, na que participaron todas as plataformas de afectad@s da provincia, partiu do Calvario, pasadas as 11 e media da mañá, e rematou diante da sede central de Novagalicia Banco. Durante o percorrido os manifestantes demandaron que a arbitraxe os acolla todos “porque é un dereito que temos dende o momento no que presentamos as reclamacións”. @s afectad@s “esiximos que os organismos públicos nos protexan, porque así o di o artigo 51 da Constitución, porque todos os bancos están vulnerando os nosos dereitos”.

Unha vez diante da sede central de Novagalicia, os participantes, que obrigaron a cortar o tráfico por parte de García Barbón, Policarpo Sanz e Colón, fixeron un ‘concurso’ de panzoliñas, como “En las cajas de Galicia estafaron a la gente, y a los pobres viejecitos los dejaron indigentes“, “ande, ande, ande, la marimorena, ande, ande, ande que la hiciste buena“, ‘vaya Navidades que tenemos delante, con las preferentes y tanto mangante’.”, ademáis de berrar, mirando cara a entrada de NGB “¡aquí está la cueva de Ali Babá!”.

 

También te puede interesar