Cultura

E se o Rei Melchor fose galego?

Así o cree Pemón Bouzas quen… que mellor lugar cunha biblioteca, e con nenos?, presentou en Gondomar o seu último libro, ‘A Estrela de Oriente’ (Xerais). O xornalista comentou que trátase dunha obra feita para “aqueles que non saben quenes foron os Reis Magos”, e que, por iso, a mesma iníciase moito antes de que as súas maxestades chegasen a Belén…cando se atopan e xúntanse”.

“De dónde procedían os Reis Magos?, no conto eu falo de África,de Asia, e de Europa, o orixe de cada un deles e cheguei a conclusión de que Malgata, que así chámase Melchor, procede do Monte Pindo, na Costa da Morte…porque, qué lugar máis máxico e cheo de lendas que este macizo granítico que domina as terras do Fin do Mundo, fogar dos deuses polo que que corren os contos ?”

A dona da 'Despensa de Yolanda', Yolanda Santos, presentou ao escritor en Gondomar/Tresyuno ComunicaciónO relator desta historia, que o autor fai transcorrer en Babilonia, entre o Tigris e o Éufrates, en Mesopotamia… é un rapaz que é o encargado de activar, de por en marcha, “o vixiante”, da estrela que guiará aos Reis Magos, e que estos atopan no seu camino.

Pemón asegura que escribir ‘ A Estrela de Oriente, ademáis de requerir unha laboura de documentación constante, “posto que non hai libros que falen sobre os Reis Magos,  supuxo un “enorme esforzo emocional…dende pensar na miña filla…situarme na infancia…recibir a imaxe de personas ás que lles perderá a pista, tentar transmitir aventura, emocións,épica, ilusión como o facía a miña aboa, cando nos contaba contos aos netos…todo iso, requeriu unha retrospección a sensacións durmidas”. Un traballo que, como sinala, estará ben recompensado se consigue o obxectivo inicial, que era “tendo en conta que quixen que fose, ademáis, un libro de viaxes, que axudase aos país a recuperar a infancia, os valores da tradición, a búsqueda da utopía”.

 

También te puede interesar