Galicia

Denuncian o apoio de varios organismos públicos a un combate de Boxeo patrocinado por clubes de alterne

A Rede Provincial Pontevedra pola Igualdade ven de manifestar a súa “total indignación e rexeitamento” polo apoio ao acto deportivo «Velada de Boxeo e Kick Boxing», que tivo lugar en Pontevedra o 14 de decembro, patrocinado pola Deputación de Pontevedra, o Concello de Pontevedra e a Universidade de Vigo.

Dito evento foi publicitado a través dun cartel onde aparecen como patrocinadores estes organismos públicos xunto a varios clubes de alterne,” utilizando claramente a imaxe da muller como reclamo”. A Rede lembra que “os clubes de alterne atentan contra a dignidade das persoas e, en particular, das mulleres, negocios que son cómplices da trata de mulleres e das mafias que extraen da situación de miseria e indefensión delas pingües beneficios”. Por elo opina que o feito de que tales negocios aparezan mesturados con institucións académicas e políticas “é unha vergoña e constitúe un feito que non se pode permitir”.

A Rede pola Igualdade esixe que os entes públicos teñan especial coidado cando apoian calquera tipo de evento deportivo ou doutra índole, xa que é a súa competencia e responsabilidade velar polos dereitos da cidadanía e constituír un exemplo para esta.

Apelando á sensibilidade e responsabilidade das institucións públicas, esta organización engade, “esiximos á Deputación de Pontevedra, ao Concello de Pontevedra e á Universidade de Vigo a retirada inmediata do apoio que se teña feito a este evento, así como o recoñecemento do erro cometido e unha rectificación pública que inclúa a explicación das medidas a adoptar para que feitos como os acontecidos non se repitan no futuro” e insiste na necesidade de formación e sensibilización en igualdade “para cargos políticos e para o persoal dos servizos públicos”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.