Vigo al minuto

Adeus ás becas do Concello para estudar inglés no estranxeiro

O alcalde cun grupo de rapaces e rapazas que foron a estudar inglés ao Reino Unido

Ademáis, recórtanse as humanizacións en 3,4 millóns de euros, cantidade que, casi exactamente, financiará un Plan de Compensación Social contra a crise. Esto é así logo de que o goberno local aceptase, segundo indicou este martes a concelleira de Facenda, as enmendas presentadas polo Bloque Nacionalista Galego ao borrador de orzamentos municpais para 2013 que, á vista destas medidas, aprobarase no Pleno do Concello o martes da semana que ven.

Será así porque o BNG condicionou o seu voto afirmativo ás contas do ano que ven a que as mesmas incluisen enmendas por un montante de 8 millóns de euros, entre elas o devandito plan de compensación social, por un total de 3,2 millóns, a eliminación de 3,4 millóns da partida de humanizacións de rúas e a supresión do programa de becas para estudar inglés no estranxeiro, dotado con 1,2 millóns.

Raquel Díaz indicou que os orzamentos “avanzan outro paso” e felicitouse polo feito de que os mesmos sexan aprobados, “Vigo terá 6 presupostos distintos en 6 anos consecutivos,algo que non pasou nunca na historia da cidade”.

O voceiro do grupo municipal do BNG amosou a súa satisfacción polo feito de que o goberno local aceptase as súas enmendas e declarou que “grazas ao BNG 2.000 familias Terán 1.600 € durante oito meses, e grazas ao PP, cero euros”.

A opinión do grupo municpal do Partido Popular é ven diferente. O concelleiro Miguel Fidalgo calificou o acordo para as contas de 2013 de “desvergonza, escándalo e inmoralidade pois, ao seu xuizo, “o alcalde tragou con todo o que quixo o Bloque para aprobar os orzamentos e manterse no goberno”.

Fidalgo salientou que Abal Caballero “renuncia a dous dos seus programas estrela, as becas de inglés e a financiación do voo a Londres”, ademáis de advertir que o pacto cos nacionalistas contradice un informe do interventor municipal no que advirte que o Concello “esgotou a marxe para aumentar o gasto”.

 

También te puede interesar