Galicia

O ex capitán Marítimo de A Coruña di que “hoxe faría o mesmo que cando se afundiu o Prestige, en 2002”

Ángel del Real non dubidou e, durante o interrogatorio no xuizo que se celebra pola catástrofe do ‘Prestige’, asegurou que tomaría as mesmas decisión que en novembro de 2002, cando se fundiu o buque. “Alonxarlo da costa era menos perigoso que levalo a un porto de abrigo polo risco inminente de afundimento”, salientou Del Real.

“Non sabíamos se aguantaría catro horas ou seis días”, indicou o actual presidente do Porto de Ferrol, ao tempo que rexeirou que o feito de levar o barco lonxe da costa agravase o seu estado posto que “xa tiña danos estructurais graves e estaba sobrecargado”. Desto último culpou ao capitán do petroleiro, Apostolus Mangouras, por encher os tanques de lastre con auga, “para corrixir o escoramento do buque”.

Del Real afirmou que alonxar o barco foi o máis perigoso e citou coma alternativas o trasvase do petróleo a outro tanque ou verquer combustible ao mar. O ex capitán marítimo negou, a preguntas do abogado de ‘Nunca Máis’ que o 13 de novembro de 2002, o ex director xeral da Mariña Mercante, José Luis López Sors, lle ordenase levar o ‘Prestige’ fora das augas xurisdiccionais españolas.

O  ex capitán marítimo asegurou que as instruccións foron dar remolque e evitar que o barco chegase á costa e que non foi ate o día 14 de novembro pola tarde cando recibiu a orde de alonxalo.

Ademáis, Del Real ratificou que ese mesmo día, expertos de Madrid, dixéronlle que o barco “non tiña solución” e, que en base a elo, admitiu que “querían tenelo o máis lonxe posible e que a orde era “alonxalo se había verquidos”.

 

También te puede interesar